Sucedeu que habÃa un reino que non tiña nin marcha, nin himno, nin música que o amparase. Augusto Trompeteira Diapasón , un famoso compositor con moita confianza nas súas posibilidades creativas, recibiu o encargo dos reis daquel paÃs, que malÃa ser pequeno posúÃa case de todo, de compoñer unha música en exclusiva para representar a a aquel reino que litigaba sempre cos seus paÃses veciños, unha democracia remendada e cunha república militar...Baldomero, un contable dunha fábrica de embutidos, parecÃa unha persoa normal e corrente da cidade de Orilal. Pero non o era, porque se trata dun mago de segunda clase, que aprendeu os seus trucos nun curso por correspondencia organizado por un equipo de bruxas e magos preocupados por comprobar como diminuÃa o censo de seres máxicos. Baldomero inventaba artefactos ben extraños como o futuroscopio, un tubo retorto capaz de mostrar o futuro que cada un desexa...A Isquirión gustáballe ter un nome máis común. Non sabÃa por qué tiña aquel nome tan estraño nin quen llo puxera. Con todo, o que de verdade lle inquietaba era que for a parar a un mundo que non lle gustaba en absoluto porque non se oÃa unha música, nin un son, agradable ou desagradable . Un mundo no que os seus habitantes pasaban o dÃa facendo carreiras contra os grandes reloxos silandeiros, que levaban no pulso ou pendurados de longas cadeas cruzadas sobre as súas grandes barrigas..."Mago por correspondencia" do catalán Joles Sennell (seudónimo que Pep Albanell utiliza nalgunha das súas obras) recolle sete relatos onde, como nas mellores beberaxes, se mesturan de forma sutil a fantasÃa e o humor. Contos de bruxas, fadas, deuses e, tamén, humanos, ilustrados pola xenialidade caracterÃstica de Xan López DomÃnguez.