La Belle Otero

La Belle Otero

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026991
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-8302-699-1
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

46,35 €

IVE incluído

Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da  Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das figuras daquel París da Belle Epoque; a definida polo pintor Paul Klee como "unha muller da cabeza aos pés".A Bela Otero, a "serea dos suicidas", como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a súa amiga a escritora francesa Colette, chea de alegría e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Opera-Cómica de París, que  estudiou o mesmo Marcel Proust para incluír como personaxe dalgunha das súas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un símbolo dunha "época superficial, lixeira, á vez virtuosa e cínica".A Carolina  Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotógrafos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuíu unha enorme riqueza en xoias, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da súa época.A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazón como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.A edición deste álbum de postais da Bela Otero, prologado por  un fermoso texto de Luís Seoane, recollido dunha audición radial do programa "Galicia Emigrante" de 1959 e editado en galego, castelán, francés e inglés, constitúe unha auténtica alfaia bibliográfica para a  recuperación rigorosa da imaxe verdadeira dun dos símbolos da gracia e da beleza de Galicia.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Casa de bonecas
    Titulo del libro
    Casa de bonecas
    Ibsen, Henrik
    Xerais
    En Casa de bonecas, a súa obra máis emblemática, Ibsen aborda a situación social da muller procurando descr...
    No disponible

    14,50 €

  • Lingua e literatura 1ºESO
    Titulo del libro
    Lingua e literatura 1ºESO
    Iglesias Álvarez, Ana
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • Federico na silveira
    Titulo del libro
    Federico na silveira
    Miranda, Xosé
    Xerais
    O coello Federico saíu da súa toqueira para facer unha excursión. Cando chegou ao fondo do bosque atopou un ...
    No disponible

    9,95 €

  • Mitos e memorias
    Antigo
    Titulo del libro
    Mitos e memorias
    Cabana, Darío Xohán
    Xerais
    Un artesán rememora os anos de aprendizaxe ao carón do seu mestre, un señor verdadeiramente fermoso que no s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    16,65 €

  • Pequena mitoloxía de Galicia
    Titulo del libro
    Pequena mitoloxía de Galicia
    Reigosa, Antonio
    Xerais
    As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €