HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491211075
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-107-5
Páxinas:
520
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto  emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación das Irmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio a Guerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos  relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
 Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante -en interacción continua- da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte  dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • (G).(09).LINGUA LIT.GALEGA 2O.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(09).LINGUA LIT.GALEGA 2O.BACHARELATO
    Rosales Cereijo, Manuel;Pena Sánchez, Xosé Ramón;Moo Pedrosa, Xosé Manuel;Rodríguez Rodríguez, Anaír;Iglesias Álvarez, Ana
    Xerais
    No disponible

    38,55 €

  • (G).(08).LINGUA LIT.GALEGA 1O.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(08).LINGUA LIT.GALEGA 1O.BACHARELATO
    Iglesias Álvarez, Ana;Moo Pedrosa, Xosé Manuel;Pena Sánchez, Xosé Ramón;Rodríguez Rodríguez, Anaír;Rosales Cereijo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    36,80 €

  • A batalla do paraíso triste
    Titulo del libro
    A batalla do paraíso triste
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, mille...
    No disponible
  • A era de Acuario
    Titulo del libro
    A era de Acuario
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    A era de Acuario, así comeza o primeiro verso da canción que abre a ópera rock Hair ¿Casualidade? Nada é c...
    No disponible

    13,35 €

  • LA BATALLA DEL PARAíSO TRISTE
    Titulo del libro
    LA BATALLA DEL PARAíSO TRISTE
    PENA SÁNCHEZ, XOSÈ RAMÓN
    Pulp books
    Entre 1940 y 1941 Europa arde bajo las llamas de la II Guerra Mundial.  Huyendo de las bombas y de la barbarie ...
    No disponible

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • O tempo dun salaio
    Titulo del libro
    O tempo dun salaio
    PHILIPE, ANNE
    Xerais
    No disponible

    10,95 €

  • (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    33,00 €

  • A galera de Xelmírez
    Titulo del libro
    A galera de Xelmírez
    Nº 375
    Paz, Xabier
    Xerais
    Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír un...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • A casa do amo
    Titulo del libro
    A casa do amo
    Reimóndez, María
    Xerais
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crí...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

  • Todos somos
    Titulo del libro
    Todos somos
    Nº 150
    Calveiro, Marcos
    Xerais
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €