Globalización e imperialismo cultural

Globalización e imperialismo cultural

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652512
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-251-2
Páxinas:
312
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
ENSAIO

24,35 €

IVE incluído
Comprar

Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é  a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW é profesor visitante distinguido na London School of Economics,  profesor emérito da University of Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) é profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que é director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization  (2006). ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) é director do Centro de  Estudos Europeos do King´s College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994). FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedrático na London School of Economics e profesor no Instituto Barcelona de Estudos Internacionais e experto no mundo árabe e Oriente  Medio. ULF HANNERZ é profesor de antropoloxía social na Universidade de Estocolmo e autor de Foreign News (2004). DAVID HELD (Inglaterra, 1951) é catedrático de Ciencias Políticas na London School of Economics, autor de Global Inequality: Patterns and Explanations (2007). PETER MARCUSE é profesor emérito de Planificación Urbana na Facultade de Arquitectura da Columbia University de Nova York e autor da recompilación Globalizing Cities: A New Spatial Order? (Oxford, Balckwell, 1999) e Of States and Cities: The Partitioning of Urban Space (Oxford, Oxford U. P., 2002), feitas en colaboración con Ronald van Kempen. Tamén foi un dos recompiladores do volume Searching for the Just City (Londres, Routledge, 2009). HERBERT IRVING SCHILLER (1919-2000), sociólogo, foi un dos principais críticos dos medios de comunicación estadounidenses. Doutorouse na Universidade de Nova York en 1960. Entre as súas moitas obras salientan Communication and Cultural Domination (1976) e Culture Inc.:The Corporate Takeover of Public Expression (1989). MANUEL OUTEIRIÑO é poeta, ensaísta e tradutor. Actualmente é profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.Lbro colectivo no que participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo do fenómeno da globalización, que foi compilado, prologado e traducido polo escritor e poeta Manuel Outeiriño.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

  • Els dissabtes, mercat
    Titulo del libro
    Els dissabtes, mercat
    Casals Couturier, Montserrat / Marti Coll, Octavi
    La magrana
    «La veritat es troba en els llibres de cuina», es diu a Els dissabtes,  mercat. Dietari d'Armanda. En el cas ...
    No disponible

    18,00 €

  • La hipòtesi de l'amor
    Titulo del libro
    La hipòtesi de l'amor
    Hazelwood, Ali
    Fanbooks
    Per demostrar a la seva millor amiga que ha superat una ruptura, a l'Olive Smith, doctoranda de tercer any, no ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

  • El triunfo de la belleza
    Titulo del libro
    El triunfo de la belleza
    Roth, Joseph
    Acantilado editorial
    «?Dígame, ¿es tan grave lo que ha contado de su mujer? ¿Por qué ha guardado usted silencio? ?No es ni...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,00 €

  • Marfil (edición limitada a un precio especial) (Enfrentados 1)
    Titulo del libro
    Marfil (edición limitada a un precio especial) (Enfrentados 1)
    Nº 00000
    Ron, Mercedes
    B de bolsillo
    Amar nunca fue tan peligroso como en «Enfrentados», de Mercedes Ron. Descubre la autora Nº1 que ha seducido ...
    No disponible

    7,95 €

  • Los domingos de un burgués en París
    Titulo del libro
    Los domingos de un burgués en París
    Maupassant, Guy de
    Periferica editorial
    El señor Patissot, memorable protagonista de esta historia, es, valga el juego de palabras, todo un personaje....
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Historia social da lingua galega
    Titulo del libro
    Historia social da lingua galega
    Monteagudo, Henrique
    Galaxia
    Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestiona tópicos e doutrinarismos, este libro f...
    No disponible

    28,90 €

  • Harry Potter e o misterio do príncipe
    Titulo del libro
    Harry Potter e o misterio do príncipe
    Rowling, J. K.
    Galaxia
    Mentres as malvadas forzas de Voldemort se congregan e un ambiente de tristura e medo se espalla polo país, Ha...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,90 €

  • ERROR ACTUALIZACION
    Titulo del libro
    ERROR ACTUALIZACION
    HARGUINDEY, HENRIQUE / BARRIO, MARUXA
    Galaxia
    No disponible

    10,34 €

  • Prohibido casar, papá!
    Titulo del libro
    Prohibido casar, papá!
    Casalderrey Fraga, Xosefa
    Galaxia
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza d...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,40 €

  • A palabra das fillas de Eva
    Titulo del libro
    A palabra das fillas de Eva
    Moure, Teresa
    Galaxia
    Teresa Moure xoga a desafiar ao xénero esquecendo as fórmulas do discurso académico para construír un relat...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,40 €