Gameleiros

Gameleiros

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028391
Ano de edición:
Materia
FOTOGRAF?A
ISBN:
978-84-8302-839-1
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

10,00 €

IVE incluído

Gameleiros é un libro cálido, fermoso, coidadosamente editado, que retrata, a través da cámara do fotógrafo Manuel Alvarez, residente en Xenebra, Suiza, os rostros dos mariñeiros da Galicia, nunha amplísima serie de fotografías feita na vila da Guarda. Os mariñeiros protagonizan o libro con eses rostros tan humanos, que falan desde a plasticidade dos primeiros planos. Tras cada fotografía, un poema de Miro Villar completa o retrato do fotógrafo cunha breve pero intensa pincelada literaria realizada expresamente para cada un dos gameleiros. As fotografías, realizadas en setembro de hai dous anos, na Guarda, definen a alma deses 27 mariñeiros de baixura que o lector pode contemplar nun libro que é unha pequena obra de arte e toda unha homenaxe á forza humana do mar de Galicia.Gameleiros é un libro que volve os seus ollos cara ó mar galego nun momento tráxico para o país,  que dá idea da riqueza e da importancia dese mar, tan humano e tan insertado na alma de todos os galegos e galegas. E outro libro sobre o  mar que Xerais publica, ese mar que é corazón das xentes, dignidade dos mariñeiros e que agora, por enriba de todo, cómpre defender.Punta Orelluda, Limpo de Saní, A Laxe, Baixo de Oia, O Bico, Pedra do Francisco, As loucenzas... son algúns dos topónimos mariñeiros aos que  nos remiten e que evocan os rostros destes homes de mar.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia
    Titulo del libro
    Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia
    VILLAPOL SALGADO, SONIA
    Xerais
    A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • O novo diario dun xove maniático
    Titulo del libro
    O novo diario dun xove maniático
    Macfarlane, Aidan;McPherson, Ann
    Xerais
    Pete Payne ten catorce anos. Un día descobre que padece de hipocondría, que é un completo maniático da saú...
    No disponible

    11,80 €

  • Animación á lectura
    Titulo del libro
    Animación á lectura
     
    Xerais
    No disponible

    2,91 €

  • Golpes de luz
    Titulo del libro
    Golpes de luz
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co  seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • A DESCRICION.3O ESO/LINGUA GALEGA XERLIN
    Titulo del libro
    A DESCRICION.3O ESO/LINGUA GALEGA XERLIN
    Bara Torres, Luis / Lourenzo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    10,80 €