Fálame sempre

Fálame sempre

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820738
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-9782-073-8
Páxinas:
152
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

20,50 €

IVE incluído

"Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos a tomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se  enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada  é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», que arrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen á man, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo  o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno -en quen todos nos recoñecemos- contra o mestre infame... E claro, séntese  a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamén os Cohen e Woody Allen, e a reflexión sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Oralmente pola boca
    Titulo del libro
    Oralmente pola boca
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis...
    No disponible

    13,50 €

  • TRES PINTORES
    Titulo del libro
    TRES PINTORES
    Nº 436
    CID CABIDO, XOSE
    Xerais
    Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel...
    No disponible
  • Días contados
    Titulo del libro
    Días contados
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas  sobre arealidade inmediata, maiorment...
    No disponible

    13,95 €

  • Unha historia que non vou contar
    Titulo del libro
    Unha historia que non vou contar
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela...
    No disponible

    17,00 €

  • Antón Reixa
    Titulo del libro
    Antón Reixa
    Xestoso, Manuel;Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das úl...
    No disponible

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es