España e Europa

España e Europa. Do franquismo ao euro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027462
Ano de edición:
ISBN:
978-84-8302-746-2
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

20,20 €

IVE incluído

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que  é España.O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo  ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • O LADO DO QUE DORMES
    Titulo del libro
    O LADO DO QUE DORMES
    Canosa, María
    Xerais
    Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traball...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

  • ruído de fondo
    Titulo del libro
    ruído de fondo
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    O poema é unha inscrición na época. Non renuncia ao rumor do mundo. Nin á violencia de todas as cousas. Per...
    No disponible
  • O vento de Antón
    Titulo del libro
    O vento de Antón
    Perozo, Xosé A.
    Xerais
    A Antón góstanlle moito as castañas asadas. A avoa Salomé dille que non coma tantas que lle van facer dano,...
    No disponible

    8,65 €

  • O portal dos elfos
    Titulo del libro
    O portal dos elfos
    Brennan, Herbie
    Xerais
    Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terribl...
    No disponible

    18,35 €

  • Pedro petouto
    Titulo del libro
    Pedro petouto
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €