Episodios de terror

Episodios de terror. durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826044
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9782-604-4
Páxinas:
360
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

19,60 €

IVE incluído

Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra.  A illa de San Simón de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil é un libro de pescuda, de síntese e recuperación da nosa memoria histórica. Os autores sintetizan todo o que se leva escrito até o de agora sobre o período da Guerra Civil na provincia de Pontevedra, centrando o libro arredor do campo de concentración da illa de San Simón e a súa colonia  penitenciaria. Episodios de terror recupera máis de catro mil nomes de perdedores da Guerra Civil, incorporando tamén os nomes das persoas  que asinaron as sentenzas ou as dos que, segundo testemuños orais e investigacións, actuaron como asasinos nas estradas. Este libro recrea  os terribles momentos dos paseos e dos paseadores; o papel dos militares; unha visión sobre os campos de concentración en Galicia, cunha descrición detallada de San Simón; o papel da Igrexa católica; a  solidariedade do pobo; a reparación dos danos morais, e outros moitos  aspectos que o fan un libro imprescindible no proceso de recuperación  da memoria histórica.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es