Elipsis e outras sombras

Elipsis e outras sombras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475079073
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-7507-907-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
NARRATIVA

13,50 €

IVE incluído
Comprar

Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín  non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe  o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de  lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores.A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seis contos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso  de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro.Os seis relatos centrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de  represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Arnoia, Arnoia
    Titulo del libro
    Arnoia, Arnoia
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio pol...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Arraianos
    Titulo del libro
    Arraianos
    Méndez Ferrín, Xosé Luís
    Hoja de lata
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    16,00 €

  • Crónica de nosotros
    Titulo del libro
    Crónica de nosotros
    Nº 10
    Méndez Ferrín, Xosé Luis
    Xordica
    Relatos que se suceden, básicamente, en la ciudad de Santiago de Compostela a lo largo de más de medio siglo....
    No disponible
  • Fría Hortensia y otros cuentos
    Titulo del libro
    Fría Hortensia y otros cuentos
    Méndez Ferrín, Xosé Luís
    Alianza
    La presente selección de cuentos de X. L. MENDEZ FERRIN -situados en países inexistentes o extraños y en ép...
    No disponible

    8,50 €

  • AMOR DE ARTUR - FRIA HORTENSIA
    Titulo del libro
    AMOR DE ARTUR - FRIA HORTENSIA
    X.L. MENDEZ FERRIN
    Edicions xerais de galicia
    No disponible

    7,00 €

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Canon de alcoba
    Titulo del libro
    Canon de alcoba
    Mercado, Tununa
    Xerais
    A obra de Tununa Mercado ofrece unha escritura feminina e singular. Os  seus textos caracterízanse pola levida...
    No disponible

    8,60 €

  • Bailarina
    Titulo del libro
    Bailarina
    Seixas, Manuel
    Xerais
    Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de c...
    No disponible

    19,50 €

  • Matar o tempo
    Titulo del libro
    Matar o tempo
    Valcárcel, Xesús
    Xerais
    No disponible

    13,00 €

  • A idade da auga
    Titulo del libro
    A idade da auga
    Salter, James
    Xerais
    Cando chegou á cidade, as rúas semellaban cheas de gaivotas, e as encostas e os edificios altos coma mastros ...
    No disponible

    19,50 €

  • Fantasmas de luz
    Titulo del libro
    Fantasmas de luz
    FERNáNDEZ PAZ, AGUSTíN
    Xerais
    Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina  no mellor cine da cidade. Cando recibe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €