Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páxinas:
696
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

36,30 €

IVE incluído

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • ¿Cal é a miña cor?
    Titulo del libro
    ¿Cal é a miña cor?
    Guilloppé, Antoine
    Xerais
    Pregúntome cál é a miña cor. Algúns galegos din que son un neno árabe e para os árabes son galego. ¿Ser...
    No disponible

    8,85 €

  • FORNELOS & FORNELOS
    Titulo del libro
    FORNELOS & FORNELOS
    Quintia, Xerardo
    Xerais
    A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Caderno profesorado 2002-2003
    Titulo del libro
    Caderno profesorado 2002-2003
     
    Xerais
    No disponible

    6,25 €

  • Lingua literatura 3º ESO
    Titulo del libro
    Lingua literatura 3º ESO
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • (G).(09).LITERATURA UNIVERSAL 2O.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(09).LITERATURA UNIVERSAL 2O.BACHARELATO
    Abilleira Sanmartín, Xosé;Gestido de la Torre, Eloi
    Xerais
    No disponible

    39,10 €