Donas de nós

Donas de nós

Nº:
38
Editorial:
Baia
EAN:
9788499954066
Ano de edición:
Materia
INFANTIL E XUVENIL
ISBN:
978-84-9995-406-6
Páxinas:
92
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Meiga Moira

9,65 €

IVE incluído
Comprar

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 O xurado valorou na obra: A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada  Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista. Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita  teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos  e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal. *** A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive  recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e  naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle  Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente para todos. Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía  polo mundo. Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Baia en Librerias Nobel.es

  • NA SOLAINA
    Titulo del libro
    NA SOLAINA
    Vazquez Álvarez, David D.
    Baia
    Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha...
    No disponible
  • Mercedes Tella Comas (1868-1934)
    Titulo del libro
    Mercedes Tella Comas (1868-1934)
    Romero Masiá, Ana
    Baia
    Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu tra...
    No disponible
  • María Barbeito
    Titulo del libro
    María Barbeito
    Romero Masia, Ana María
    Baia
    María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con  contexto, elaborado entre a historia...
    No disponible
  • Miña querida Sherezade
    Titulo del libro
    Miña querida Sherezade
    Nº 28
    Maceiras, Andrea
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,20 €

  • OS PIRATAS
    Titulo del libro
    OS PIRATAS
    AA.VV
    Baia
    Un libro documental lúdico, claro e atractivo para responder as cuestións das crianzas. Ven axiña descu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,40 €