Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

23,35 €

IVE incluído

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • O Libro da Empanada
    Titulo del libro
    O Libro da Empanada
    Casalderrey, Fina / García González, Mariano
    Xerais
    No disponible

    22,90 €

  • Ofrenda á tormenta
    Titulo del libro
    Ofrenda á tormenta
    Redondo Meira, Dolores
    Xerais
    Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de nov...
    No disponible

    23,70 €

  • (G).(10).(GS).EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA
    Titulo del libro
    (G).(10).(GS).EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA
    Alonso Blanco, Albano J.;Mariño Leiro, Roxelio;Ríos Paredes, Xosé Lois;Pérez Torres, José Antonio;Mariño Prieto, Iago Xabier
    Xerais
    No disponible

    27,70 €

  • Diccionario elemental Inglés-Galego / Galego-Inglés
    Titulo del libro
    Diccionario elemental Inglés-Galego / Galego-Inglés
    Fernández Salgado, Benigno
    Xerais
    Un diccionario que se ben pode quedarse curto para os que teñan coñecementos da lingua, pode servir moio ben ...
    No disponible

    26,95 €

  • AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR
    Titulo del libro
    AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR
    Nº 418
    Reimóndez, María
    Xerais
    A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,50 €