Estas páxinas afondan na recuperación de RosalÃa de Castro como tradutora feminista en diálogo coa canadense ErÃn Moure. Dende o punto de partida que ofrecen as teorÃas feministas e poscoloniais da tradución e utilizando como base o traballo pioneiro de MarÃa do Cebreiro Rábade Villar, a autora analiza o marco e estratexias polas cales estas dúas tradutoras se fn donas dos seus textos. Ambas traducen senllos autores (RosalÃa de Castro o autor español Ventura Ruiz Aguilera e ErÃn Moure a Fernando Pessoa/Alberto Caeiro) explorando a capacidade ética e polÃtica da tradución. Neste fascinante proceso de análise descubrimos una nova cara de RosalÃa de Castro, que demostra non só ser pioneira tamén na tradución, senón utilizar estratexias parellas ás de Moure que, aÃnda un século despois, seguen resultando revolucionarias. Corpos exorbitantes pretende, a través destas dúas figuras sobranceiras, botar luz sobre o potencial transformador da tradución á hora de establecer discursos crÃticos a respecto do mundo que habitamos e sobre a necesidade de destapar o discurso heteropatriarcal e colonial dominante que alicerza todas as demais violencias.