"A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo asà dende que o mundo e mundo". E sempre é motivo de celebración. Virgil, crÃtico musical, chega á illa un martes, atraÃdo polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difÃcil precisar a natureza dun encontro semellante, sensual e fugaz coma os cigarros que arden ao ritmo da respiración dos amantes até consumÃrense e tornárense cinza. Todo isto cóntanolo un vello capitán digno dunha novela de Hemingway -o autor americano viviu en Cayo Hueso moitos anos da súa vida-, e escrÃbeo a novelista vasca Oihane Amantegi, quen nos traslada á illa máis meridional do estado de Florida para construÃr, cun estilo elegante e delicado, unha historia inesquecible que, coma nun soño, nos envolve nunha atmosfera chea de lagostas, papagaios, música de jazz, cervexa frÃa e fume de cigarros.
O gran poeta vasco Joseba Sarrionandia escribiu o prólogo desta sensacional novela da autora de Conto ao carón do rÃo (Rodolfo e Priscila, 2022).