Brasil no centro

Brasil no centro

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653687
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-368-7
Páxinas:
328
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Se en 'Diario de comidas', o seu anterior libro en prosa, o relato xa se desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración da experiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aos lectores o pulso dun país senlleiro.
A partir do ano 2006, en que Rodríguez Baixeras visita por primeira vez o Brasil, decide convertelo  nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dos principais polos de atracción -o outro é Galiza- cara ao que, desde entón, tendería a súa experiencia vital. A partir dese momento inaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser "outro" durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou de pensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir  outra roupa ou gustar comida diferente.
Amais dese dietario brasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que o acolle, Salvador de Bahía. "A acusada presenza daquela terra ultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe o verdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo que teñen de estabilidade, de prospección no tempo e -en certo modo- de novidade, de asombro inaugural", escribe Rodríguez Baixeras na nota aclaratoria inicial. Para o autor de 'O pan da tarde', ser o centro non significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visión exhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unha sociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora  dun estraño feitizo.un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e  inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempo lle vai dando forma.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Bos tempos para a lírica
    Titulo del libro
    Bos tempos para a lírica
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Espiral maior, s.l.
    "Bos tempos para a lírica. A xeración de 1980" é un estudo exhaustivo,  e ao mesmo tempo moi persoal, da esc...
    No disponible
  • O bosque sem saída
     IBD
    Titulo del libro
    O bosque sem saída
    Xavier Rodríguez Baixeras
    Laiovento (ibd)
    Ninguém sabe abrir a porta que conduz aosâmbitos da solidão. Não há saída do labirinto dobosque vazio. Ex...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • Fentos no mar
    Titulo del libro
    Fentos no mar
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Do castro
    No disponible

    2,00 €

  • DICIONARIO DA COMIDA GALEGA
    Titulo del libro
    DICIONARIO DA COMIDA GALEGA
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Aira editorial
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    49,90 €

  • Deserto diamantino
    Titulo del libro
    Deserto diamantino
    Rodriguez Baixeras, Xavier
    Centro pen de galicia
    "Deserto diamantino" é a obra gañadora do VIII Premio de Poesía Caixanova. A obra asombra polo seu brillo fo...
    No disponible

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es