As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027875
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-8302-787-5
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

27,00 €

IVE incluído

As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra dun rei que tiña a súa disposición un obradoiro literario onde non faltaban medios, as Cantigas foron copiadas en ricos códices, onde cada texto vai acompañado da notación musical e de ricas imaxes.Desde este libro de Elvira Fidalgo, profesora titular da Universidade de Santiago, preténdese ofrecerlle ó lector unha visión o máis completa posible das  Cantigas de Santa María, dado que nunca se chegou a elaborar un libro  que abarcase os puntos básicos e esenciais para que o interesado pola  literatura medieval galega puidera completar o coñecemento do panorama poético do noroeste peninsular co achegamento a un cancioneiro tan rico, completo e complexo. Este libro estudia os aspectos fundamentais para a comprensión de tan ambiciosa obra e a tal  fin revísase a tradición literaria na que se encadra, levando a cabo unha análise do modelo arquitectónico que estructura os textos e un repaso ós problemas que presenta a súa edición, aínda non resoltos. Por primeira vez, ofrécese un estudio global das cantigas de loor que ata o de agora non chamaran a atención da crítica e descríbense dous modelos básicos ós que responde a factura destes textos particulares. Hai tamén un apartado para a música e outro para a iconografía, preprado pola medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, que por vez primeira se estudia con carácter xeral, destacando a importancia da miniatura alfonsina no panorama europeo da época.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Rata linda de Compostela
    Titulo del libro
    Rata linda de Compostela
    Graña, Bernardino
    Xerais
    No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxei...
    No disponible
  • O protestantismo en Galicia
    Titulo del libro
    O protestantismo en Galicia
    González Raposo, Benito
    Xerais
    O protestantismo en Galicia. Una historia centenaria, esquecida estudia a xénese e difusión do protestantismo...
    No disponible

    27,00 €

  • A rutina corsaria
    Titulo del libro
    A rutina corsaria
    Jaureguizar
    Xerais
    Expósito Vindeira leva quince anos de fareiro na illa Pancha, na bocana da ría de Ribadeo. Un día decide mud...
    No disponible

    12,00 €

  • Un home na praia
    Antigo
    Titulo del libro
    Un home na praia
    Ferriol, Pedro
    Xerais
    Paulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos vencellou o seu destino ao do capitán Thomas e ao seu barco, no que...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,60 €

  • Máis contos de animais, II
    Titulo del libro
    Máis contos de animais, II
    Miranda Ruíz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    A colección Cabalo buligán reúne con¡tos da nosa tradición oral, son as no¡sas historias, a nosa cultura....
    No disponible

    10,95 €