Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028353
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-835-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible  de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte  e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira da ledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces", constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas  activas da conciencia.O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos", "Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra.  Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos",  compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Golpes de luz
    Titulo del libro
    Golpes de luz
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co  seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • PREMIO 2018 DE RELATO, POESÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADES DE VIGO
    Titulo del libro
    PREMIO 2018 DE RELATO, POESÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADES DE VIGO
    AA.VV
    Xerais
    RELATO CURTO K.A.R.M.A. [Francisco Javier Fernández Davila] Masculino Feminino [Lucía del Río...
    No disponible

    12,00 €

  • Aires da miña terra
    Titulo del libro
    Aires da miña terra
    Curros Enríquez, Manuel
    Xerais
    Manuel Curros Enríquez (1851-1908) é a grande voz civil do XIX, figura  sobranceira do Rexurdimento, e Aires ...
    No disponible

    12,50 €

  • Sempre tes que meter o nariz
    Titulo del libro
    Sempre tes que meter o nariz
    Raga, Victor
    Xerais
    O señor Viramontañas ensínalles a Martiño e a Helena a importancia dos  cinco sentidos. Pero Martiño está...
    No disponible

    11,95 €

  • A princesa e o chícharo
    Titulo del libro
    A princesa e o chícharo
    Andersen, Hans Christian
    Xerais
    Era unha vez un príncipe que quería casar cunha princesa, pero tería que ser unha princesa de verdade. Así ...
    No disponible

    6,70 €