Aníbal Otero

Aníbal Otero. Lingüistica e política en españa na guerra civil e no franquismo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499141985
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9914-198-5
Páxinas:
416
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
225
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIOGRAFIA

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Alvarez (1911-1974), filólogo  que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais  dun pioneiro, un mestre. Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando  o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas. Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Francoö).

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • DEBAIXO DUN PARASOL
    Titulo del libro
    DEBAIXO DUN PARASOL
    Nº 263
    Arias Correa, Azucena
    Xerais
    Despois do longo inverno xa é posible sentir o cheiro salgado e húmido  da praia, a pesar de haber tanta xent...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Cemiterio de elefantes
    Titulo del libro
    Cemiterio de elefantes
    Alonso, Fran
    Xerais
    En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida,...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €

  • Aprender a convivir
    Titulo del libro
    Aprender a convivir
    R. Jares, Xesús
    Xerais
    O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. H...
    No disponible

    12,05 €

  • A cidade dos Césares
    Titulo del libro
    A cidade dos Césares
    F. Freixanes, Víctor
    Xerais
    Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ign...
    No disponible

    24,15 €

  • A Veiga é como un tempo distinto
    Titulo del libro
    A Veiga é como un tempo distinto
    Moreda, Eva
    Xerais
    Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road.  Tamén alí foi onde retomaron a súa a...
    No disponible