A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Ano de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ENSAIO

18,80 €

IVE incluído

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • CULPABLE
    Titulo del libro
    CULPABLE
    Ríos, Eli
    Xerais
    «Declárome culpable: / asasinei o eu lírico».  Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste...
    No disponible

    14,50 €

  • Linda á espreita
    Titulo del libro
    Linda á espreita
    Steffensmeier, Alexander
    Xerais
    Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impacie...
    No disponible

    13,20 €

  • Cidades
    Titulo del libro
    Cidades
    Nº 46
    Alonso, Fran
    Xerais
    Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido,...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €

  • Cancela aberta
    Titulo del libro
    Cancela aberta
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de notic...
    No disponible

    18,30 €

  • Dióxenes en Dolorida
    Titulo del libro
    Dióxenes en Dolorida
    Nº 341
    Vidal Portabales, Ignacio
    Xerais
    Dióxenes en Dolorida, novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, narra  as peripecias dun personaxe singular ...
    No disponible

    19,30 €