A memoria do Carballiño

A memoria do Carballiño

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820516
Ano de edición:
Materia
XEOGRAF?A
ISBN:
978-84-9782-051-6
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

9,90 €

IVE incluído

O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño -preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez- iníciase  a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación  e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia  e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor  e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente  álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles  tempos. Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na glosa da  importancia do mosteiro de Oseira, así como dos Pazos do Arenteiro e dos camiños polo Ribeiro de Avia.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

  • ASI ES LA RIOJA
    Antigo
    Titulo del libro
    ASI ES LA RIOJA
    Nº 8415
    AGENCIA EFE
    Fundacion efe
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,22 €

  • GUIA DE NUEVA YORK
    Antigo
    Titulo del libro
    GUIA DE NUEVA YORK
    SIN AUTOR
    Ediciones folio
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    7,81 €

  • Mi primer viaje por Europa
    Titulo del libro
    Mi primer viaje por Europa
    Hédelin, Pascale
    Sm
    El libro contiene mapas políticos y físicos de los diferentes países d e Europa, datos interesantes e ilustr...
    No disponible

    9,95 €

  • La Guerra Civil a Catalunya (1936-1939), 2.
    Titulo del libro
    La Guerra Civil a Catalunya (1936-1939), 2.
    Diversos autors
    Edicions 62
    No disponible

    100,00 €

  • Geografía humana
    Antigo
    Titulo del libro
    Geografía humana
    Smith, David M.
    Oikos-tau, s.a. ediciones
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    28,32 €

Xerais en Librerias Nobel.es