A cor do ceo

A cor do ceo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024133
ISBN:
978-84-8302-413-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

20,60 €

IVE incluído

A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que  son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en "Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dos relatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos de Braxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, Antonio F. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M. Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e Sanaila Braxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende  a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento."

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Ulises
    Titulo del libro
    Ulises
    Ana Pontón;Lino Braxe
    Everest
    Obra teatral onde o mundo clásico dialoga co contemporáneo en clave irónica, feito que se fai aínda máis p...
    No disponible

    9,25 €

  • Baixo o sol de Mesina .
    Titulo del libro
    Baixo o sol de Mesina .
    Braxe, Lino
    A.c. caldeiron
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,00 €

  • La novia de medianoche
    Titulo del libro
    La novia de medianoche
    Braxe Varela, Lino / Simón Sánchez, Antonio
    Do castro
    No disponible

    12,00 €

  • Lois Pereiro
    Titulo del libro
    Lois Pereiro
    Pereiro, Xosé Manuel;Braxe, Lino;Souto, Xurxo
    Ouvirmos, s.l.
    No disponible
  • A caricia da serpe
    Titulo del libro
    A caricia da serpe
    Braxe Mandiá, Lino
    Espiral maior, s.l.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    7,00 €

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Reconquista
    Titulo del libro
    Reconquista
    Rolland, Eduardo
    Xerais
    A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX. A pesca, a salgadura e o comercio in...
    No disponible

    22,95 €

  • Do estigma á estima
    Titulo del libro
    Do estigma á estima
    Formoso Gosende, Valentina
    Xerais
    Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase n...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

  • Cantiga para JA
    Titulo del libro
    Cantiga para JA
    Sarrazac, Jean-Pierre;Mirjol, Christina
    Xerais
    "Cantiga para JA", escrita por Jean-Pierre Sarrazac en colaboración con Cristina Mirjol, artéllase en torno a...
    No disponible

    11,10 €

  • Traballando co léxico 1
    Titulo del libro
    Traballando co léxico 1
    Doural Rocha, Ana;Granxa González, Xosé Antón;Martíns Seixo, Ramón Anxo;Vázquez Lamazares, Azucena;Yus Respaldiza, Carlos
    Xerais
    Este material didáctico pretende encher un dos ocos que se senten na práctica docente da lingua en calquera n...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    20,40 €

  • A ópera de a patacón
    Titulo del libro
    A ópera de a patacón
    Vidal Bolaño, Roberto
    Xerais
    No disponible

    10,10 €