Xoaquín Lorenzo. Vida e obra

Xoaquín Lorenzo. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821124
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-112-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

10,25 €

IVA incluido

Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989) foi unha das figuras máis destacadas da xeración do Seminario de Estudos Galegos e do núcleo histórico do galeguismo ourensán. Compañeiro de figuras como  Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas ou Xesús Ferro Couselo constituíu o último carballo da touza vizosa dunha xeración que tivo a Galicia como o seu único guieiro. Etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo  Galego, membro da Real Academia Galega, Xoaquín Lorenzo percorreu infatigablemente os camiños, vales e castros de Galicia procurando atopar a auténtica alma popular galega. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da "Historia de Galiza" dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX.O presente volume, "Xoaquín Lorenzo. Vida e obra", preparado por Marcos Valcárcel, constitúe unha achega, á vez divulgativa e rigorosa, sobre o percorrido biográfico e a obra dunha personalidade, homenaxeda no Día das Letras Galegas de 2004, que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • Eladio Rodríguez. Vida e obra
    Titulo del libro
    Eladio Rodríguez. Vida e obra
    Valcárcel López, Marcos
    Xerais
    Na celebración do Día das Letras Galegas do primeiro ano do novo milenio, a Real Academia Galega honra a pers...
    No disponible

    9,55 €

  • Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía
    Titulo del libro
    Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía
    Blanco Valdés, Juan L. / Núñez Seixas, X. M. / Nicolás Rodríguez, Ramón / Valcárcel López, Marcos
    Xerais
    No disponible

    9,25 €

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Parchís ortográfico
    Titulo del libro
    Parchís ortográfico
    Gómez Xurxo, Silvestre;Besora Oliva, Ramón
    Xerais
    No disponible

    61,90 €

  • íLume!
    Titulo del libro
    íLume!
    Varela Ferreiro, Alberto
    Xerais
    Non hai moito tempo había un bosque vello e fermoso onde vivían moitos  animais. Un día algo pasou que ...
    No disponible

    9,95 €

  • Sempre quixen bailar un tango
    Titulo del libro
    Sempre quixen bailar un tango
    González Costa, Teresa
    Xerais
    Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palab...
    No disponible

    15,50 €

  • Curso de galego para as administracións
    Titulo del libro
    Curso de galego para as administracións
     
    Xerais
    No disponible

    13,50 €

  • Galicia
    Titulo del libro
    Galicia
    Fernández Del Riego, Francisco
    Xerais
    Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou p...
    No disponible