Un bico de amor e vida

Un bico de amor e vida

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651423
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9865-142-3
Páginas:
44
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
295
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ARBORE MUSICONTOS (LIBRO+CD)

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai  dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto dÆA Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será  posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe -cando o azul do mar se nos  volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non  esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas  características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro -ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e  ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este álbum forma parte da colección "Arbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos: · O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo  a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) · O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009
 Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz  de dobraxe María Inés Cuadrado.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • De esparto e seda
    Titulo del libro
    De esparto e seda
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Espiral maior, s.l.
    No disponible
  • O armiño dorme
    Titulo del libro
    O armiño dorme
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Galaxia
    Premio Raíña Lupa 2002. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, fer...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,10 €

  • Unha Costura No Tempo
    Titulo del libro
    Unha Costura No Tempo
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Oxford university press
    Dúas mulleres, que viven en tempos diferentes ?unha na antigüidade e outra no presente-, menteñen unha comun...
    No disponible
  • La Violeta no és violeta
    Titulo del libro
    La Violeta no és violeta
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Macmillan
    No disponible

    7,90 €

  • El armiño duerme
    Antiguo
    Titulo del libro
    El armiño duerme
    Nº 245
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Ediciones sm
    Corre el año 1857. Se está procediendo a la exhumación de las tumbas de la familia Medici, para comprobar el...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    8,25 €

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • ASUBIO DO AVO, O
    Titulo del libro
    ASUBIO DO AVO, O
    Nº 26
    GOAS, ANGELES
    Galaxia
    O avó levaba a música dentro, por iso o seu asubío era o mellor do mundo. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €

  • Homónima
    Titulo del libro
    Homónima
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    A través da Internet, un escritor descobre que existe alguén en México  co seu mesmo nome e apelidos. Arrast...
    No disponible
  • Bosque
    Titulo del libro
    Bosque
    Nº 124
    Blanco Casás, Antón
    Galaxia
    En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articula...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,90 €

  • As grandes carballeiras
    Titulo del libro
    As grandes carballeiras
    Valcárcel, Xesús Manuel
    Galaxia
    Despois de presentar varias obras de poesía, de ensaio e de relatos, Xesús Manuel Valcárcel publicou esta s...
    No disponible
  • Ámote
    Titulo del libro
    Ámote
    Caneiro, Xosé Carlos
    Galaxia
    Para espantar a tristeza, un periodista misántropo, bebedor, hipocondríaco e desequilibrado crea o seu amor i...
    No disponible