SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CIDADE DO MILAGRE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CIDADE DO MILAGRE

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788491510543
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9151-054-3
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
165
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VARIOS

O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de  Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
 O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de  Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
 Os textos, escritos orixinariamente en castelán no ano 1993, están ademais traducidos ao galego e ao inglés.
 Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publican un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
 Os dous textos orixinais foron escritos polo autor en castelán e publicáronse no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles,  titulado Santiago. Milagro y leyendas, publicouse na revista "Leer", dedicada ao mundo cultural e literario. O segundo, El milagro de Santiago de Compostela, publicouse en "Ronda Iberia", a revista de a bordo da compañía aérea. Nestes artigos o escritor realiza unha viaxe literaria pola cidade de Compostela, ao tempo que afonda na lenda do milagre do Apóstolo Santiago. Este volume recolle ademais a tradución de ámbolos dous textos ao galego e ao inglés.
 O libro, editado en tapa dura, reúne así mesmo unha trintena de fotografías de Santiago, na súa maioría pertencentes ao arquivo do Consorcio de Santiago e ao arquitecto do organismo interadministrativo  Ramón Fernández Hermida. As imaxes refírense ao fragmento de texto que ilustran en cada caso. A meirande parte delas amosan distintos espazos da catedral de Santiago, rúas e prazas emblemáticas da cidade histórica, igrexas e outros edificios significativos como a sede da Universidade, esculturas vencelladas ao milagre do Apóstolo, o Camiño de Santiago...

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • A galiña azul
    Titulo del libro
    A galiña azul
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Este libro foi escrito para Ana, unha nena que se foi de Galicia cando  tiña dous anos. Para que non esquecese...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,15 €

  • El sol del verano
    Titulo del libro
    El sol del verano
    Casares, Carlos
    Alfaguara
    El sol del verano es el legado del autor. Una novela que combina magistralmente belleza y nostalgia, escrita co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,00 €

  • Ilustrísima
    Titulo del libro
    Ilustrísima
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violenci...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €

  • O expreso da literatura e outros ensaios
    Titulo del libro
    O expreso da literatura e outros ensaios
    Nº 23
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Unha escolma de artigos e conferencias sobre escritores como Albert Camus, Castelao, Ánxel Fole, Torrente Bale...
    No disponible
  • O sol do verán
    Titulo del libro
    O sol do verán
    Casares, Carlos
    Galaxia
    O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que inda...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,25 €

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es