O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

19,50 €

IVA incluido

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • A encontadora
    Titulo del libro
    A encontadora
    Alfaya, An
    Xerais
    Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello f...
    No disponible

    9,95 €

  • O fantasma da ópera
    Titulo del libro
    O fantasma da ópera
    Leroux, Gaston
    Xerais
    Levada ó cine en diversas ocasións, a novela O fantasma da Opera combina maxistralmente o relato policial e a...
    No disponible

    14,00 €

  • (G).(10).PAPELIÑOS 4 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(10).PAPELIÑOS 4 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    33,00 €

  • (G).(11).LINGUA LITERATURA 3º.ESO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(11).LINGUA LITERATURA 3º.ESO (XERAIS)
    Fernández Paz, Agustín;Iglesias Álvarez, Ana;Rodríguez Rodríguez, Anaír;Louzao Outeiro, Miguel;Campos Villar, Xabier;Moo Pedrosa, Xosé Manuel
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • BIOLOXIA XEOLOXIA 3º.ESO
    Titulo del libro
    BIOLOXIA XEOLOXIA 3º.ESO
     
    Xerais
    No disponible

    15,78 €