No ventre do silencio

No ventre do silencio

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023693
ISBN:
978-84-8302-369-3
Páginas:
192
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

20,50 €

IVA incluido
Comprar

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do  autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: "Cada xeración deberá fabricar a súa cidade" (Antonio Sant´Elia) , "Permitín á cidade  entrar na miña mente" (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro "Troianos Redivivos" (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha  novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do  silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • AMOR DE ARTUR - FRIA HORTENSIA
    Titulo del libro
    AMOR DE ARTUR - FRIA HORTENSIA
    X.L. MENDEZ FERRIN
    Edicions xerais de galicia
    No disponible

    7,00 €

  • Arnoia, Arnoia
    Antiguo
    Titulo del libro
    Arnoia, Arnoia
    Nº 33
    Méndez Ferrín, X. L.
    Anaya
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Amor de Artur
    Titulo del libro
    Amor de Artur
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    No disponible

    13,75 €

  • No Fondo dos Espellos
    Titulo del libro
    No Fondo dos Espellos
    Nº 05
    Méndez Ferrín, Xosé Luís
    Universidad vigo
    Este libro recolle integramente os seis últimos anos de «No fondo dos espellos», a sección que, sábado a s...
    No disponible
  • ROSALÍA EN FAMILIA
    Titulo del libro
    ROSALÍA EN FAMILIA
    Méndez Ferrín, Xosé Luís
    Alvarellos editora
    Rosal¡a de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella, fillas e fillo. Unha Rosal¡a rev...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

Xerais en Librerias Nobel.es