Nautilus

Nautilus

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475078120
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-7507-812-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

14,60 €

IVA incluido

En outubro de 1892 saíu da ría de Ferrol a corbeta Nautilus, aparellada en fragata, que regresaría en agoso de 1894 logo de da-la volta ó mundo baixo o mando do Capitán Fernando Villaamil -natural de Villaamil, parroquia de Serantes, actual concello de Castropol- cunha dotación de 200 tripulantes vascos, asturianos, cántabros e galegos. Moitos eran veciños de Seixo e da Ferrolterra, onde o capitán da armada residiu en sendo oficial da mariña de guerra.o historiador Bernardo Máiz, xusto cen anos despois, reconstrúe aquela experiencia -calificada nos seus días de auténtica fazaña- baseándose nos escritos  do propio capitán Villamil, na memoria de moitos dos seu s veciños e nunha abondosa documentación que lle foi facilitada na Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico.Nuns tempos nos que, como di o autor, " o vedreño imperio español ía camiño do esmorecemento " a Nautilus, buque escola que máis tarde sería substituído polo Galatea e  actualmente polo Juan Sebastián Elcano, lévanos polos sete mares, dende Bos Aires a Valparaíso, dende as costas americanas ás praias de Australia e Nova Celandia, nunha viaxe de adestramento e descubertas ata entón sen precedentes. Bernardo Máiz introdúcenos no barco de tres  mastros, e con el o lector ou a lectora botará a derradeira ollada á terra propia por máis de seiscentos días. Quedadas, temporais, arribadas... todo ficará escrito no epistolario do protagonista inxertado polo escritor entre a tripulación.Un libro de mar e viaxes nunha viaxe real nun barco real, cun escritor que sabe manexa-lo relato coa mestría do compás de marear.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • ¡Sireno, Sireno!
    Titulo del libro
    ¡Sireno, Sireno!
    Alfaya, An
    Xerais
    No disponible

    7,25 €

  • Anxos en tempos de chuvia
    Titulo del libro
    Anxos en tempos de chuvia
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que  morren na madrugada viguesa dun sábad...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • O capitán Ro e o gato Bo
    Titulo del libro
    O capitán Ro e o gato Bo
    Sánchez, Gloria
    Xerais
    O terrible capitan Ro, procedente do planeta Roña, descende coa súa nave sobre a Terra. Como tódolos roñent...
    No disponible

    9,95 €

  • O crime da rúa da Moeda Vella
    Titulo del libro
    O crime da rúa da Moeda Vella
    Raña, Román
    Xerais
    Outra vez Compostela. O espacio humano e urbano da máis fermosa das nosas cidades serve de marco para esta his...
    No disponible

    16,95 €

  • Incoloro
    Titulo del libro
    Incoloro
    Nº 11
    Malvárez Carleos, José
    Xerais
    Os sangue vermello tomaron o control das terras de Aórtica e escravizaron os sangue verde. A única esperanza ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €