Narcos

Narcos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026298
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páginas:
352
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco)  e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste  labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que  se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez. Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • Kid salvaxe
    Titulo del libro
    Kid salvaxe
    Nº 35
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admir...
    No disponible

    14,50 €

  • Crim a Compostel.la
    Titulo del libro
    Crim a Compostel.la
    Carlos Gonzalez Reigosa
    Bromera edicions
    No disponible
  • Pepa la loba
    Titulo del libro
    Pepa la loba
    Gonzalez Reigosa, Carlos
    Ediciones b
    Pepa la Loba, bandolera gallega por antonomasia, es un personaje situado entre la realidad y el mito del que se...
    No disponible

    5,95 €

  • Crime en Compostela
    Titulo del libro
    Crime en Compostela
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    No disponible

    10,50 €

  • La agonía del león
    Titulo del libro
    La agonía del león
    Reigosa, Carlos G.
    Alianza
    El destino de Manuel Girón Bazán fue uno de los muchos que se vieron alterados en España por el comienzo de ...
    No disponible

    22,50 €

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético
    Titulo del libro
    Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético
    Dacosta, Henrique
    Xerais
    Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas  2020. Quen era, como viviu e como pensa...
    No disponible
  • A man dos paíños
    Titulo del libro
    A man dos paíños
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • Pompas De Xabon 3 Anos. Metodo Completo
    Titulo del libro
    Pompas De Xabon 3 Anos. Metodo Completo
    Campuzano Valiente
    Xerais
    No disponible

    105,50 €

  • Sara fai preguntas
    Titulo del libro
    Sara fai preguntas
    Alapont, Pasqual
    Xerais
    Sara acaba de ter unha irmanciña. Toda a familia está moi contenta, pero ela non entende nada. ¿Por que estÃ...
    No disponible

    3,05 €

  • Rosalía de Castro
    Titulo del libro
    Rosalía de Castro
    Pereira Bueno, Fernando
    Xerais
    Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía  de Castro e pertence a un xénero bi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,95 €