(G).(08).CAD.LETRAMOLA 7.(GALICIA).(ED.INFANTIL)

(G).(08).CAD.LETRAMOLA 7.(GALICIA).(ED.INFANTIL). Os grupos br, bl; pr, pl; gr, gl; fr, fl; cr, cl; dr; tr. As letras J, j; K, k;

Editorial:
Everest
EAN:
9788440310941
ISBN:
978-84-403-1094-1
Páginas:
40
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAMOLA

7,00 €

IVA incluido

Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura.Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por  medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos.O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas  e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda,  sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos.Neste derradeiro caderno da colección, trabállanse os grupos br, bl, pr, pl, gr, gl, fr, fl, cr, cl, dr e tr. Partimos da  discriminación visual e auditiva para continuar coa representación gráfica das sílabas ás que dan orixe estes grupos. Introdúcese a letra  de imprenta á hora de ofrecer algúns textos, a pesar de que os alumnos continúen utilizando a letra ligada ao escribir, cousa que non  sempre se fará dentro das pautas, senón que optaremos tamén pola liña  de puntos.O adianto que fixeran os alumnos no proceso de aprendizaxe da lectoescritura permitirá avanzar no nivel de dificultade das actividades propostas. Deste xeito, presentaremos textos máis longos en enfatizaremos máis na lectura e na escritura.Seguimos mantendo as adiviñas, os trabalinguas, os textos populares, pero tampouco esquecemos introducir fragmentos de diferentes poetas. A partir dos textos propóñense actividades para completar frases, interpretación gráfica do significado, etcétera.Completamos o método coa introdución das grafías j, k, w e y, presentes en moitos préstamos, coas que posiblemente xa estean familiarizados moitos dos nosos alumnos e alumnas.Como nos cadernos anteriores, engadimos unha páxina de recortables para a confección das fichas que os requiran.A última narración intenta mesturar a festa dos personaxes do conto coa festa que podemos organizar na escola para celebrar o triunfo sobre a lectura e a escritura.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

Everest en Librerias Nobel.es

  • Los 100 primeros días de escuela de Emilia
    Titulo del libro
    Los 100 primeros días de escuela de Emilia
    Rosemary Wells
    Everest
    Emilia está lista para su primer día de colegio. Tiene mucho que hacer: aprender el abecedario, cantar, leer ...
    No disponible

    9,95 €

  • JUANA DE ARCO
    Titulo del libro
    JUANA DE ARCO
    Nº 18
    Gauvard, Claude.
    Everest
    No disponible

    2,10 €

  • Toy Story
    Titulo del libro
    Toy Story
    Walt Disney Company
    Everest
    No disponible

    13,95 €

  • Simbad el marino
    Titulo del libro
    Simbad el marino
    AA.VV
    Everest
    Simbad el Marino es un cuento dirigido a los más pequeños de la casa para que disfruten aprendiendo, y para q...
    No disponible

    2,50 €

  • Up. Coloreo con pegatinas
    Titulo del libro
    Up. Coloreo con pegatinas
    Walt Disney Company
    Everest
    Un hombre de 70 años que entabla amistad con un joven. Juntos tendrán un gran aventura en el que lucharán co...
    No disponible

    6,50 €