As razóns para realizar unha viaxe desta Ãndole en tempos máis inseguros e difÃciles que os actuais van desde as motivacións relixiosas e de peregrinaxe ata a curiosidade ilustrada, a búsqueda romántica do pintoresco ou o afán cultural propio do noso século. A través destas crónicas podemos apreciar, como nun espello que se fora trasladando polos camiños do tempo, as evolucións da nosa terra e das nosas xentes sempre baixo a mirada, crÃtica ou benévola, dun variadÃsimo e selecto grupo de viaxeiros foráneos.