As mulleres nas Matemáticas

As mulleres nas Matemáticas

Editorial:
Baia
EAN:
9788496893986
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-96893-98-6
Páginas:
112
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Baía Ensaio

16,55 €

IVA incluido
Comprar

Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexa accesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria. Nestes tempos nos que hai que falar de igualdade e transversalidade nas aulas, pode ser unha boa maneira de dar a coñecer a algunhas mulleres que fixeron e aplicaron Matemáticas, pero que, polo xeral, están ausentes nos libros de texto.
 
 
 
 As mulleres que aparecen neste manual non son as únicas que se dedicaron ás Matemáticas, pódense elixir outras, pero todas as que aparecen teñen méritos sobrados para estar nel. En calquera caso, estas e as que non están teñen un factor común: por seren mulleres tiveron que romper barreiras para dedicarse á súa paixón. De seguro que outras moitas permanecen esquecidas porque esas mesmas barreiras puideron con elas.
 
 
 
 A día de hoxe esa tendencia a silenciarnos semella ir mudando, non só na Ciencia, pero aínda así, parece que hai un "teito de cristal" que, por non verse, é moi difícil romper, e que, por exemplo, fai que en Galicia o 65 % dos estudantes universitarios sexan mulleres, pero entre o profesorado universitario esta cifra redúcese ao 44 %, e as catedráticas representan case un 14 % deste colectivo. E isto mesmo pode trasladarse, con poucas variacións, a calquera empresa, se falamos de Consellos de Dirección ou outros cargos directivos, no que chamamos o Primeiro Mundo, porque se falamos de países non desenvolvidos, os dereitos redúcense en moitos casos a ningún. Esperemos que estas mulleres e as súas historias lles sirvan ás xeracións futuras de exemplo e poidamos todas e todos defender os intereses propios en igualdade de condicións.

Materia en Librerias Nobel.es

Baia en Librerias Nobel.es

  • Entre o ceo e o mar
    Titulo del libro
    Entre o ceo e o mar
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A ...
    No disponible
  • Esconxuros para un rei
    Titulo del libro
    Esconxuros para un rei
    Nº 49
    Rey Núñez, Mª Carmen
    Baia
    Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter ...
    No disponible
  • República sideral
    Titulo del libro
    República sideral
    Nº 17
    Fernández Carrodeguas, María Esther
    Baia
    Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade ...
    No disponible
  • AXENDA ANUAL BAIA 2025
    Titulo del libro
    AXENDA ANUAL BAIA 2025
    AA.VV
    Baia
    Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada...
    No disponible

    22,00 €

  • DESERTOS
    Titulo del libro
    DESERTOS
    Davies, Nicola
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,00 €