As de bolboreta

As de bolboreta

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140285
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-028-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
FORA DE XOGO

13,00 €

IVA incluido

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola  indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar  o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que  agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "As de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en  breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as  vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta  é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista."

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • O LADO DO QUE DORMES
    Titulo del libro
    O LADO DO QUE DORMES
    Canosa, María
    Xerais
    Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traball...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • Danny, o campión do mundo
    Titulo del libro
    Danny, o campión do mundo
    Dahl, Roald
    Xerais
    Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de  seu pai, que para el é o máis m...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • O conserxe
    Titulo del libro
    O conserxe
    Vázquez Somoza, Xosé Luís
    Xerais
    A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria Garc...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Contos por palabras
    Titulo del libro
    Contos por palabras
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por p...
    No disponible

    9,10 €

  • Meigas fóra!
    Titulo del libro
    Meigas fóra!
    Veiga, Ramón D.
    Xerais
    Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas dec...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €