Acoso e demolición do sistema público de ensino
 IBD

Acoso e demolición do sistema público de ensino

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875543
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-8487-554-3
Páginas:
280
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

ACOSO E DEMOLICIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE ENSINO
COVID-19: CAUSA OU ESCUSA?
O ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público, representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal.
As mudanzas  das formas estruturais tradicionais cara outras en rede, de subcontratas ou de tipo trevo, camiñan cara formas privatizadoras en todos os seus niveis, ao mesmo tempo que modelan de xeito diferenciado  unha serie de novas subxectividades.
A presenza da Covid-19 acelerou os procesos privatizadores desencadeados polo plan Bolonia mediante a implantación intensiva das TIC, que envoltas polo mito da neutralidade representan para Boaventura de Sousa Santos novos desafíos "como por exemplo a dixitalización do coñecemento, do ensino  e da aprendizaxe".
Na actualidade ninguén cuestiona conceptos como "ciclo económico" ou a "importancia do empresario e do emprendedor" de xeito que a innovación converteuse nun dos piares da industria das TIC e da sociedade en xeral. O alcance dos efectos desta  política neoliberal, sobre o sistema público de ensino, dependerán da  racionalización e da interiorización dunha submisión, previamente aprendida na sociedade e nas propias estruturas escolares, cara un poder que interpela a natureza dos individuos para xustificar a súa implantación.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • Nadal e consumismo
     IBD
    Titulo del libro
    Nadal e consumismo
    Nº 454
    Branco Buxán, Xosé Ramón
    Laiovento (ibd)
    Subtítulo: Lucrativas realidades sociais baseadas en invenciónsO texto "NADAL E CONSUMISMO" aborda como o Nad...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Acoso e demolición do sistema público de ensino
    Titulo del libro
    Acoso e demolición do sistema público de ensino
    Nº 280
    Branco Buxán, Xosé Ramón
    Laiovento, s.l.
    O ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades  e de arquitecturas organizativas que fo...
    No disponible

Materia en Librerias Nobel.es

Laiovento (ibd) en Librerias Nobel.es

  • ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
     IBD
    Titulo del libro
    ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
    Francisco Xavier Redondo Abal
    Laiovento (ibd)
    Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o contro...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,90 €

  • NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR.1936-1975
     IBD
    Titulo del libro
    NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR.1936-1975
    Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
    Laiovento (ibd)
    Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unha fonda incursión na historia do nacionali...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,95 €

  • Loaira
     IBD
    Titulo del libro
    Loaira
    Anxo A. Rei Ballesteros
    Laiovento (ibd)
    Laiovento orgúllase en publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX., novela radicalmente polí...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • O portugués esquecido
     IBD
    Titulo del libro
    O portugués esquecido
    Nº 42
    Sánchez Rei, Xosé Manuel
    Laiovento (ibd)
    Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, grama...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    39,95 €

  • Sobre Vilanpva de Alba
     IBD
    Titulo del libro
    Sobre Vilanpva de Alba
    Nº 465
    Barros Puente, Miguel
    Laiovento (ibd)
    UN MAPA CRÍTICO PARA NAVEGAR POLO INCONSCIENTE GALEGOExiste unha Galiza agochada, entretecida en símbolos e m...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €