A memoria de Cambados

A memoria de Cambados

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823265
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-326-5
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,95 €

IVA incluido

Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a  maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental  desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns e a praza do Mercado, o entorno da praza da igrexa de Santa Mariña de Ozo,  a praza do Concello, o paseo da Calzada, o pazo de Montesacro, o peirao de San Tomé, ata os labores mariñeiros nos peiraos. Percorrido visual que se completa coa reprodución de imaxes do entorno vilego, como o mosteiro de Meis, os muíños de Tragove, a Ponte Arnelas ou diversas paisaxes sobre a ría. O volume iníciase co ensaio, "A memoria daquel Cambados mariñeiro, fidalgo e soñador", escrito polo académico Francisco Fernández Rei. Testemuño que reconstrúe a historia desta fermosa vila deitada ao sol,  inzada de referencias literarias a Fermín Bouza Brey ou Ramón Cabanillas, entre outros. Velaí un percorrido exhaustivo, enchido de memoria familiar e erudita polo Cambados fidalgo e eclesiástico, polo Cambados ostreiro, polo Cambados mariñeiro, polo Cambados culto e soñador, polo Cambados da "primavera do 36" e polo posterior da "tráxica falta de luz". O volume complétase coa catalogación das pezas documentais e coa reprodución dos poemas "Diante do mar de Cambados" de Fermín Bouza Brey e "A Calzada de Cambados" de Ramón Cabanillas.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)
    Titulo del libro
    Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)
    Cuba, Xoán R.;Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
    Xerais
    Con el rigor de un diccionario y el hechizo de una novela apasionante,  este libro constituye una de las más i...
    No disponible

    38,20 €

  • ÓRBITA
    Titulo del libro
    ÓRBITA
    Do Ar, Lara
    Xerais
    " Órbita " recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As v...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas
    Titulo del libro
    Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas
    Rodríguez, Anaír
    Xerais
    Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en  calquera momento podes atoparte con el...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 16-10-2025
  • Os sabuxos divírtense no museo prohibido
    Titulo del libro
    Os sabuxos divírtense no museo prohibido
    Nº 55
    Jaureguizar
    Xerais
    Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sab...
    No disponible
  • O que me quedaba por dicirche
    Titulo del libro
    O que me quedaba por dicirche
    Mancebo, Alberto
    Xerais
    A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estra...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €