A festa do entroido

A festa do entroido

Editorial:
Nigra-trea
EAN:
9788415078340
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-15078-34-0
Páginas:
96
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un  lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas.
 
 Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o  porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea.
 
 O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido  galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións  máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.
 
 O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes. Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos,  volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade  festiva local.
 
 O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val  do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.
 
 O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos. O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.

Materia en Librerias Nobel.es

  • Tecido de voces
    Titulo del libro
    Tecido de voces
    Nº 143
    Sevilla Gómez, Álvaro
    Toxosoutos, s.l.
    No disponible
  • El secreto de la misericordia
    Titulo del libro
    El secreto de la misericordia
    Garrit, Javier
    Javisa23 ediciones
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    6,00 €

  • León el Africano
    Titulo del libro
    León el Africano
    Maalouf, Amin
    Alianza
    Durante la época de crisis en que dos grandes imperios pugnaban por la  supremacía en el Mediterráneo, un ho...
    No disponible

    23,90 €

  • LA FIEL INFANTERÍA
    Titulo del libro
    LA FIEL INFANTERÍA
    RAFAEL GARCIA SERRANO - EDICION DE RAFAEL IBAÑEZ H
    Actas
    No disponible

    20,00 €

  • ¿Cómo pudo suceder?
    Titulo del libro
    ¿Cómo pudo suceder?
    Griffith, Mariurka
    Babidi-bu
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €

Nigra-trea en Librerias Nobel.es