A Coruña de Pedro Ferrer

A Coruña de Pedro Ferrer

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823722
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-372-2
Páginas:
240
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

22,95 €

IVA incluido

Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario  da coñecida "Papelería Ferrer", foi, ademais de fotógrafo e gravador,  fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros  discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran focal e placas de cristal, realizando máis de catro mil pezas fotográficas, que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural, alén da súa importancia etnográfica pola súa preocupación por presentar ás xentes en todas as situacións da súa vida. Unha parte significativa desta obra foi reco-llida en Portfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904, que pretendían divulgar o nos patri-monio cultural, histórico e monumental.
 O documentalista Carlos Díaz Martínez recompila, por vez primeira, neste volume máis de dous centenares de fotografías da cidade da Coruña e das vilas dos seus arredores (Betanzos, Sada, Cambre, Oleiros, Arteixo, Culleredo) agrupadas en catro grandes apartados temáticos: "Patrimonio histórico e monumental"; "Novo urbanismo e os traballos"; "Festas e xentes" e "Patrimonio e xentes".
 Un libro de edición moi coidada e grande formato, de encadernación acartonda, que constitúe unha viaxe no tempo pola Coruña de sempre: dende as vistas da península da Torre ata a Colexiata de Santa María, do Xardín de San Carlos ata o Castelo de San Antón, da rúa de San Andrés ata o Cantón Gran-de, do Parrote á Dársenaà Un libro que tamén recolle as faenas e actividades das xentes: as lavandeiras no río Monelos, os paseos polos xardíns de Riazor, os desfiles de carrozas nos Cantóns, as festas de Carnaval, a festa da Arbore e outros tantos eventos cívicos. En definitiva, unha contribución importan-te para vivificar a memoria gráfica da cidade herculina.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Memoria da escola
    Titulo del libro
    Memoria da escola
    Benso Calvo, Carmen;Cid Fernández, Xosé Manuel;Suárez Pazos, Mercedes
    Xerais
    Este libro, coordinado polos profesores da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense Mercedes Suárez Pazo...
    No disponible

    25,25 €

  • Zoommm
    Titulo del libro
    Zoommm
    Espinosa, Estíbaliz
    Xerais
    No século XXI, finxir dar vida foi un dos cometidos principais daqueles que traballaban nesa trampa oblicua ch...
    No disponible

    16,95 €

  • (97).LECTURAS GALEGO 2º.PRIMARIA
    Titulo del libro
    (97).LECTURAS GALEGO 2º.PRIMARIA
    Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • caderno pegadas 2 (2º.primaria) *lingua+coñecemento*
    Titulo del libro
    caderno pegadas 2 (2º.primaria) *lingua+coñecemento*
     
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • (04).TRASNOS MAXICOS 4 ANOS-3O.TRIMESTRE
    Titulo del libro
    (04).TRASNOS MAXICOS 4 ANOS-3O.TRIMESTRE
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    29,15 €