Vacacións 5 anos pompas de xabón

Vacacións 5 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148519
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9914-851-9
Pàgines:
64
idioma:
GALEGO
Ample:
260
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
VACACIONS

14,50 €

IVA inclòs

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Macbett
    Titulo del libro
    Macbett
    Ionesco, Eugène
    Xerais
    A lectura e a contemplación do Macbeth de Shakespeare e do Macbett de Ionesco resulta unha experiencia extraor...
    No disponible

    10,10 €

  • ELEFANTE
    Titulo del libro
    ELEFANTE
    Nº 419
    Darriba, Manuel
    Xerais
    Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións c...
    No disponible
  • HOMENAXE A EVARISTO DE SELA 1917-1994
    Titulo del libro
    HOMENAXE A EVARISTO DE SELA 1917-1994
    VV.AV. A
    Xerais
    Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na hi...
    No disponible

    18,95 €

  • A soidade do inquisidor
    Titulo del libro
    A soidade do inquisidor
    Blanco, Alberte
    Xerais
    Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,50 €

  • Un feliz mundo novo
    Titulo del libro
    Un feliz mundo novo
    Huxley, Aldous
    Xerais
    O sobrevoaren o crematorio, o helicóptero disparouse verticalmente por  efecto da columna ascendente de aire q...
    No disponible

    12,15 €