Vacacións 3 anos pompas de xabón

Vacacións 3 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148496
Any d'edició:
Matèria
QUADERNS DE VACANCES
ISBN:
978-84-9914-849-6
Pàgines:
60
idioma:
GALEGO
Ample:
275
Alt:
310
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
VACACIONS

14,50 €

IVA inclòs

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Matèria a Librerias Nobel.es

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Galego. Curso de iniciación 1
    Titulo del libro
    Galego. Curso de iniciación 1
     
    Xerais
    No disponible

    17,70 €

  • Bo Camiño! Proxecto O Camiño de Santiago
    Titulo del libro
    Bo Camiño! Proxecto O Camiño de Santiago
    Pulleiro Valiño, Mónica
    Xerais
    O proxecto "Bo Camiño!" achega o Camiño de Santiago aos nenos e nenas e visibiliza o seu carácter interxerac...
    No disponible

    21,00 €

  • Imaxes na penumbra
    Titulo del libro
    Imaxes na penumbra
    Sendón Trillo, Manuel
    Xerais
    Nos anos cincuenta dáse en Galicia un desenvolvemento da fotografía non profesional como nunca existira ata e...
    No disponible

    31,95 €

  • Coidadora
    Titulo del libro
    Coidadora
    Marco, María
    Xerais
    A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que abord...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Reconquista
    Titulo del libro
    Reconquista
    Rolland, Eduardo
    Xerais
    A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX. A pesca, a salgadura e o comercio in...
    No disponible

    22,95 €