A PoesÃa enteira de Heriberto Bens edÃtase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes AntoloxÃa popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X. L. Méndez FerrÃn. PoesÃa enteira de Heriberto Bens é unha obra de carácter civil, composta por poemas elexÃacos dirixidos maiormente a figuras senlleiras do noso pasado, que plasma as inquedanzas do autor en canto á renovación formal e técnica do panorama poético galego da época.O conxunto resulta dunha beleza e competencia lingüÃstica extremada.