O viaxeiro radical

O viaxeiro radical

Nº:
336
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656121
Any d'edició:
Matèria
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-612-1
Pàgines:
220
Enquadernació:
LIBRO EN OTRO FORMATO
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LITERARIA

Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera  convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna -da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe- e os achados do pensamento idealista do século XIX.
 O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois  dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a  historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.
 A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa  radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

  • Finísimo po nas ás
    Titulo del libro
    Finísimo po nas ás
    Quintiá, Xerardo
    Galaxia
    Dun tempo próximo, chegan estas historias que, porén, falan doutro tempo. Do tempo no que as infancias eran m...
    No disponible
  • TITIRITESA
    Titulo del libro
    TITIRITESA
    Quintia, Xerardo
    Oqo
    No disponible

    14,90 €

  • O PAÍS DO GRAN FURADO
    Antic
    Titulo del libro
    O PAÍS DO GRAN FURADO
    Quintiá Pérez, Xerardo
    Baia
    Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).  «O País do G...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,35 €

  • Poesía en ruta
    Titulo del libro
    Poesía en ruta
    Quintiá, Xerardo
    Espiral maior, s.l.
    No disponible
  • Hotel Cidade Sur
    Titulo del libro
    Hotel Cidade Sur
    Quintiá Pérez, Xerardo
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN...
    No disponible

Matèria a Librerias Nobel.es

Galaxia a Librerias Nobel.es