O Señor dos Aneis III

O Señor dos Aneis III. O Regreso do Rei

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029169
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANYS
ISBN:
978-84-8302-916-9
Pàgines:
400
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
FORA DE XOGO

19,95 €

IVA inclòs
Comprar

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas  o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. En O Regreso do Rei  Frodo e Sam, na súa penosa viaxe á Terra Escura, reciben a axuda inesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. A traizoeira criatura intenta acabar con eles para apoderarse do Anel, sen conseguilo, anque Frodo acaba en mans dos orcos, ferido. Só a cobiza deses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe,  tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de Mordor cara a Orodruin, a montaña de lume na que se forxou o Anel e onde debe ser destruído.Paralelamente, no antigo reino de Gondor, rexido por mordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai  séculos, Aragorn demostra que pode curar coas súas mans. Este prodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono de Gondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó Señor Escuro.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras  de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do  mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores  mozos de todo o mundo.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Matèria a Librerias Nobel.es

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Ulcis
    Titulo del libro
    Ulcis
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre  1958 e 1963 e traballou nel ao longo...
    No disponible
  • ANT/(99).C.MEDIOAMBENTAIS E SAUDE (3O.-4O.ESO). (2O.CIXERNA
    Titulo del libro
    ANT/(99).C.MEDIOAMBENTAIS E SAUDE (3O.-4O.ESO). (2O.CIXERNA
     
    Xerais
    No disponible

    Consulteu a la nostra
    Llibreria

  • Miña nai é fantástica
    Titulo del libro
    Miña nai é fantástica
    Butterworth, Nick
    Xerais
    No disponible

    7,00 €

  • Contos do mar de Irlanda
    Titulo del libro
    Contos do mar de Irlanda
    Nº 357
    Souto, Xurxo
    Xerais
    «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía.  Galiza é unha pedra chantada no Atlán...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,95 €

  • Viva a Comuna!
    Titulo del libro
    Viva a Comuna!
    Meixide, Carlos
    Xerais
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de Par...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    24,50 €