O Corpo de Cristo

O Corpo de Cristo

Editorial:
Astiberri
EAN:
9788410332249
Any d'edició:
Matèria
C?MIC I JOCS
ISBN:
978-84-10-33224-9
Pàgines:
184
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
233
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
Sillón Orejero

21,00 €

IVA inclòs
Comprar

Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano,  a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia  os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai  e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa  nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran  beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”. Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”. O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: • Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 • Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 • Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 • Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 • Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 • Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 • Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence  régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d’Azur - Short-list 2024-2025 • Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 • Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 • Premio Artémisia - Nominada 2024 • Premio Première vague BD / Librairie l’esprit large - Nominada 2024 • Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

  • El Cuerpo de Cristo
    Titulo del libro
    El Cuerpo de Cristo
    LEMA, BEA
    Astiberri
    Cuando Vera era niña, un demonio rondaba su casa y acosaba a su madre,  martilleándole los nervios hasta post...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    21,00 €

Matèria a Librerias Nobel.es

  • 33/37 No Digas Con Flores
    Titulo del libro
    33/37 No Digas Con Flores
    KAMIO, YOKO
    Planeta comics
    No disponible

    5,95 €

  • Mini superchistes para contar a tus amigos
    Titulo del libro
    Mini superchistes para contar a tus amigos
    Nº 2
    Clua, Pau
    Montena
    ¡Una nueva selección de los súperchistes más desternillantes! ¿Qué tienen en común un turista inglés, C...
    No disponible

    9,95 €

  • Natasha
    Titulo del libro
    Natasha
    Almandoz, Koldo
    Nuevo nueve
    Natasha tiene 18 años. Acaba de llegar a la ciudad para estudiar en la  universidad. Comienza a vivir en un pi...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,00 €

  • The Silver Darlings
    Titulo del libro
    The Silver Darlings
    Morris, Silver
    Ninth editorial
    No disponible
  • Star wars
    Titulo del libro
    Star wars
    Nº 22
    Aaron, Jason
    Planeta comics
    Vivimos un periodo de esperanza renovada para la Alianza. Por toda la galaxia, los heroicos soldados rebeldes s...
    No disponible

Astiberri a Librerias Nobel.es

  • Vino Vuelve Lista A Mama
    Titulo del libro
    Vino Vuelve Lista A Mama
    Riley, Andy
    Astiberri
    Un homenaje a las madres lleno de ingenio e ironía    El genio creador de Andy Riley ha encontrado u...
    No disponible

    8,00 €

  • No Morire Cazado
    Titulo del libro
    No Morire Cazado
    Alfred
    Astiberri
    No moriré cazado es una adaptación al cómic de la novela homónima de Guillaume Guéraud, que  tie...
    No disponible
  • EL SILENCIO DE MALKA
    Titulo del libro
    EL SILENCIO DE MALKA
    Pellejero, Ruben;Zentner, Jorge
    Astiberri
    A finales del siglo XIX, la familia de Malka huye de los pogromos que causan estragos en Rusia y se embarca par...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,00 €

  • El Faro
    Titulo del libro
    El Faro
    ROCA, PACO
    Astiberri
    Francisco, un joven carabinero republicano de diecisiete años, intenta  cruzar la frontera francesa para poner...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    12,00 €

  • Evangelio De Judas
    Titulo del libro
    Evangelio De Judas
    Vazquez, Alberto
    Astiberri
    3 nominaciones: a mejor obra, mejor guión y mejor dibujo en el Salón Internacional del Cómic de Barcelona 20...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    18,00 €