Nos camiños do entusiasmo

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829496
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-949-6
Pàgines:
176
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
146
Alt:
220
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ENSAIO

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país. Para iso aborda os problemas máis urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalización: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións sobre a obra de Manuel García Blanco ou de Ramón Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramón Vilar Ponte e da súa xeración, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua  que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Birimbao
    Titulo del libro
    Birimbao
    Ferreiro, Celso Emilio
    Xerais
    A aparición de " Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) " supón un  verdadeiro acontecemento literario. ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    21,95 €

  • Rock bravú
    Titulo del libro
    Rock bravú
    Valiño García, Xavier
    Xerais
    No disponible

    12,00 €

  • O pequeno mago
    Titulo del libro
    O pequeno mago
    Cameselle, Roque
    Xerais
    Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso,...
    No disponible

    12,20 €

  • A maldición dos Velasco
    Titulo del libro
    A maldición dos Velasco
    Fausto;Méndez;Malvar, Aníbal C.
    Xerais
    No disponible

    11,25 €

  • Cicuta para dous
    Titulo del libro
    Cicuta para dous
    Leira, Rocío
    Xerais
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.»  A aparición desta mensaxe na secci...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €