No país das vacas

No país das vacas

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826969
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-9782-696-9
Pàgines:
200
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
GRANDES OBRAS

Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é  a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española.
 Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.
 O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos,  os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ("Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas"), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez ("Moita máis luz que sombras"), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como ven a vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende a complicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia da súa nenez ou dende unha visión urbana.
 Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores e lectoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importancia na sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha das iconas da nosa identidade do século XXI.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Matèria a Librerias Nobel.es

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916)
    Titulo del libro
    Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916)
    Nicolás, Ramón
    Xerais
    O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdim...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Xestas olímpicas
    Titulo del libro
    Xestas olímpicas
    Cajaraville, Héctor
    Xerais
    Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €

  • A viaxe culinaria de Kukinhas
    Titulo del libro
    A viaxe culinaria de Kukinhas
    Kukinhas, Elisa
    Xerais
    Elisa, a autora do coñecido blog kukinhas.com, guíanos por unha fascinante viaxe gastronómica arredor do mun...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    30,50 €

  • Galicia: un pobo sen futuro?
    Titulo del libro
    Galicia: un pobo sen futuro?
    Blanco Desar, Manuel
    Xerais
    Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna ...
    No disponible

    20,95 €

  • MICHIGAN / ACASO MICHIGAN
    Titulo del libro
    MICHIGAN / ACASO MICHIGAN
    Reixa, Antón
    Xerais
    O 27 de outubro de 2016 Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fra...
    No disponible