Guía das libelulas de Galicia

Guía das libelulas de Galicia

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630929
Any d'edició:
Matèria
BIOLOGIA I GEOLOGIA
ISBN:
978-84-92630-92-9
Pàgines:
208
idioma:
GALEGO
Ample:
70
Alt:
100
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA

38,20 €

IVA inclòs
Comprar

Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo, sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros e candileiros ou candís. Recentemente, para denominar estes insectos, incorporáronse a estas formas vernáculas outras de orixe culta, como libélula e libeliña. En termos técnicos estes insectos son agrupados na orde Odonata e denominados como odonatos. A guía ofrece unha introdución á bioloxía e ecoloxía das libélulas, que serviu para aumentar e revolucionar, en certos aspectos, estas ciencias nos seus mesmos fundamentos. Asemade, facilita a identificación das libélulas mediante  a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendo fincapé nas características que sirvan para a distinción mediante a única axuda duns prismáticos, e algo de paciencia, e busca, ao tempo, servir de guía de campo para os naturalistas que queiran identificar as diferentes especies de libélulas de Galicia, atendendo as formas adultas. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país e mesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é  previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de  tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor. O obxectivo último, e talvez o máis importante, é aumentar o número de  naturalistas e amantes da natureza que sumen esforzos para o estudo e  conservación destes animais e dos fráxiles e ameazados medios húmidos  onde se reproducen.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Matèria a Librerias Nobel.es

Baia a Librerias Nobel.es

  • As marcas dos animais
    Titulo del libro
    As marcas dos animais
    AA.VV
    Baia
    Mergúllate no extraordinario mundo dos animais e descobre 50 magníficas marcas. Sabías que o elefante é o a...
    No disponible
  • A bruxa
    Titulo del libro
    A bruxa
    Luch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible

    6,75 €

  • Marmeladas caseiras:80 receitas que saben ben
    Titulo del libro
    Marmeladas caseiras:80 receitas que saben ben
    Duran Grau, Núria
    Baia
    Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu  todo un reto para o ser humano; diso d...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,50 €

  • Sibila e a monstruosa festa do Samaín
    Titulo del libro
    Sibila e a monstruosa festa do Samaín
    Nº 40
    Lado Ínsua, Marta
    Baia
    Como viven as familias vampiras Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas pre...
    No disponible
  • Os animais da cidade
    Titulo del libro
    Os animais da cidade
    Muñoz Puelles, Vicente
    Baia
    A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencia...
    No disponible