ECONOMATES

ECONOMATES. AS MATEMÁTICAS NA ECONOMÍA

Nº:
58
Editorial:
Universidade de vigo
EAN:
9788411880336
Any d'edició:
ISBN:
978-84-11-88033-6
Pàgines:
187
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
240
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
MANUAIS.SERIE MANUAIS DIDACTICOS

Este manual inclúe os contidos das materias de Matemáticas no grao de Economía que actualmente se imparte na Universidade de Vigo, polo que se adapta tamén perfectamente a tódolos graos das ramas da Economía e das CC Empresariais. O material que aquí se recolle correspondese co usado como apoio ás clases teóricas e prácticas, é obvio que este material debe complementarse co desenrolo que do mesmo se realice nas propias clases. Nelas deben facerse apreciacións, comentarios, variacións nos exercicios, ... que poden depender das circunstancias e  das valoracións que o profesorado teña do seguimento polo alumnado. Non se trata pois de un manual completo para seguir a materia de xeito  autosuficiente. Ofrécese un enfoque da materia adaptado ao contexto económico. Óptase por usar a mesma notación que usan as materias cuantitativas que o alumnado cursará e inclúense tamén exercicios máis enfocados ás aplicacións á economía, sen intención de intromisión nos contidos doutras materias. Obviamente as limitacións de coñecementos esixibles fai que este tipo de exercicios sexan moi sinxelos e non recollen o rigor co que se tratarán noutras materias. Intégranse tamén no propio material, segundo vai sendo necesario, contidos que poderían corresponder a un curso de nivelación. Deste xeito tentamos que o alumno poida reforzar certas destrezas que se lle  supoñen dominadas pero que non sempre o son. Coa mesma intención, intercálanse exercicios máis sinxelos dende o punto de vista das operacións con outros máis complexos.

Universidade de vigo a Librerias Nobel.es