Fábula de Aves
 IBD

Fábula de Aves

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874638
Matèria
POESIA
ISBN:
978-84-8487-463-8
Pàgines:
130
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Col·lecció:
VENTOALTO

15,00 €

IVA inclòs
Comprar

SINOPSE:

"Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos  e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato  desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.
A vida," esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar" constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de "poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda". Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente  efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico "non substitúe o real senón que o incrementa", tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe."
Xosé Mª Ávarez Cácamo

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Matèria a Librerias Nobel.es

Laiovento (ibd) a Librerias Nobel.es