A rua da tixola

A rua da tixola

Editorial:
Oqo
EAN:
9788498714852
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANYS
ISBN:
978-84-9871-485-2
Pàgines:
40
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
250
Alt:
230
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
O

14,00 €

IVA inclòs

Na rúa da Tixola
 un neno estaba chorando.
 Aqueles choros
 fixeron que o veciño de abaixo
 se puxese
 dun humor de raios.
 
 Entón o veciño de abaixo
 pegou un zapatazo no chan
 e pisoulle o rabo ao gato.
 
 A partir deste incidente, as rutinas e hábitos cotiáns da veciñanza altéranse e, seguindo o mesmo efecto que a caída de fichas no dominó, os contratempos concaténanse un tras outro, propagando un ambiente hostil polo barrio.
 
 O gato cae enriba do carteiro, que perde a correspondencia semanal da porteira. Esta, enfurruñada, grita ao froiteiro, que desconcertado, non só non acerta co pedido, senón que case atropela a unha ra.
 Para evitar este tráxico desenlace, o garda de Tráfico sopra o chifre con tanto ímpeto, que cae no xardín do señor Magnolia e esmaga as súas  flores exóticas.
 
 Todo isto ocorre a un ritmo vertixinoso, mostrándonos, deste xeito, a fraxilidade da harmonía social e como o caos pode orixinarse nun feito, tan inocente e nimio, como o choro dun neno.
 
 
 No entanto, e coma se fosen dúas caras dunha mesma moeda, a historia de Charo Pita tamén nos descobre o sinxelo que pode ser solucionar esta cadea de "pequenas traxedias" (o neno deixa de chorar en canto o veciño de abaixo lle le un conto) e restablecer a cordialidade na veciñanza: cunhas flores e un cortés atópase ben?
 
 Este cambio provén das recomendacións amables do señor Magnolia: "son pequenos xestos, pero importantes na súa miudeza", destaca a escritora, que fai fincapé no valor das palabras "afables, tranquilizadoras, contaxiosas... que tenden pontes".
 
 Charo Pita constrúe A rúa da Tixola coma unha desas historias de veciñanza, onde as relacións entre
 os seus membros van cambiando "do individualismo á fraternidade, do máis puro egocentrismo á máis
 ampla solidariedade". Deste xeito, os seus múltiples personaxes "alternan afastamento e proximidade,
 tristezas e alegrías, enfados e reconciliacións". "Coma o mesmo dinamismo que ten a vida", resume.
 
 Precisamente, o final do conto correspóndese tamén co discorrer cíclico da existencia humana:
 Pois, que conto lle contou o veciño ao neno para que deixase de chorar?
 -O da rúa da Tixola, onde vivía o señor Magnolia... Cóntoche outra vez  a historia?
 Pola súa banda, o ilustrador Massimiliano di Lauro destaca o ton "divertido" do texto de Charo Pita, "moi axeitado para os máis pequenos", aínda que apunta que isto último supuxo un "reto difícil" para el, porque non está afeito debuxar para este tramo de idade. 
 Por este motivo, neste álbum traballou moito a súa técnica para conseguir un estilo máis depurado, onde eliminou todos os elementos innecesarios. Con este obxectivo, simplificou os personaxes e a variedade cromática e construíu "planos e luminosos, xogando cos contrastes".
 
 Para a construción dos personaxes, inspirouse nos álbums ilustrados dos anos 50. Deste xeito, ningún en contorno "excepto na cara e nas mans" e unicamente están compostos por cores e texturas, esvaecéndose ata na parte inferior da páxina.
 
 En canto á ambientación, o artista italiano recreou a atmosfera dunha cidade pequena como na que vive, Trani, polo que algúns dos seus concidadáns poderán recoñecerse no álbum.
 
 
 Como é habitual en Massimiliano di Lauro, tamén neste traballo se pode  gozar de divertidas historias paralelas: a da veciña facendo deporte en casa, o pequeno can negro que escapa e amola o gato azul...
 
 
 Para finalizar, o ilustrador descóbrenos unha referencia moi interesante: o personaxe do veciño, que finalmente le un conto ao neno, está inspirado nun coñecido pianista italiano: Giovanni Allevi.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Matèria a Librerias Nobel.es

  • Dibuja con tus amigas
    Titulo del libro
    Dibuja con tus amigas
    Disney
    Beascoa
    No disponible

    18,95 €

  • Súper Toupie
    Titulo del libro
    Súper Toupie
    Dominique Jolin
    Edebe
    La pota d'en Binou s'ha quedat atrapada a la boca d'un monstre. Peró no hi ha cap problema, perqué SUPER TOUP...
    No disponible

    6,15 €

  • La Bella durmiente
    Titulo del libro
    La Bella durmiente
    Walt Disney Company
    Everest
    La Bella Durmiente es la historia de una jovén niña que se llama Aurora, al nacer para celebrar tan maravillo...
    No disponible

    3,95 €

  • Tiranosaurio (Pequedinos)
    Titulo del libro
    Tiranosaurio (Pequedinos)
    Susaeta, Equipo
    Susaeta ediciones
    No disponible

    3,95 €

  • La catedral
    Titulo del libro
    La catedral
    Equipo Susaeta
    Susaeta ediciones
    No disponible

    4,99 €

Oqo a Librerias Nobel.es

  • LIBRO DE CONTAR
    Titulo del libro
    LIBRO DE CONTAR
    Bruno, Pep;Cabassa, Mariona
    Oqo
    Hay muchas formas de contar. Se pueden contar las nubes acostado en la  hierba; se pueden contar las hormigas q...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,90 €

  • ¿Quien ha robado la luna?
    Titulo del libro
    ¿Quien ha robado la luna?
    Catelli, Mario / Matoso, Madalena
    Oqo
    Kipá, el más pequeño de la manada, quiere aullar como los lobos adultos; una noche de luna llena se esc...
    No disponible

    13,50 €

  • Con las manos vacías
    Titulo del libro
    Con las manos vacías
    Tortosa, Ana / Varela, Cecilia
    Oqo
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,90 €

  • Tonino
    Titulo del libro
    Tonino
    Salas Diaz, Miguel
    Oqo
    Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,90 €

  • Caracol e Lagarta
    Titulo del libro
    Caracol e Lagarta
    Quintero Laplume, Armando
    Oqo
    O Caracol comia uma folha verde, enorme e saborosa. A Lagarta comia outra igual, que acabou por ser a mesma. Co...
    No disponible