A integración europea

A integración europea

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023921
ISBN:
978-84-8302-392-1
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
UNIVERSITARIA

16,00 €

IVA inclòs

En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de introducción á integración europea, que supoñía a súa participación no Proxecto Jean Monnet, que reune a máis de 200 universidades para promover a idea de Europa. Este  módulo foi dispensado por primeira vez no curso 1996-97. Daquela evidenciouse a necesidade dun manual de consulta sobre temas europeos que tivese un enfoque multidisciplinar e en lingua galega. De aí naceu  A integración europea. Un enfoque interdisciplinar, un libro que achega aos estudiantes e a todas as persoas interesadas unha sorte de síntese e crisol de enfoques para o estudio do proceso de construcción  europea.En A integración europea, analízase a evolución da construcción europea desde as pioneiras formulacións para acadar a unidade de Europa, en 1919, ás diferentes modificacións institucionais  que callaron na transformación da Comunidade Económica Europea na UE.Na segunda parte faise un repaso da conformación da estructura orgánica e institucional da Unión Europea, reparando na formación do dereito comunitario e nos seus principios, antes de se deter no estudio do proceso contencioso administrativo.A terceira sección dá conta das claves económicas do proceso de integración e dos seus efectos, para logo debullar as diferentes políticas, económicas e sociais comunitarias, así como as súas formas de financiamento e as avantaxes e problemas da Unión Monetaria.Na derradeira sección analízase a diversidade cultural da Unión Europea e proporciónase unha  visión sintética da riqueza idiomática a través do estudio das once linguas oficiais na Unión Europea.

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Erros e Tánatos
    Titulo del libro
    Erros e Tánatos
    Navaza, Gonzalo
    Xerais
    "Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo  Navaza demostra unha gran soltura no m...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,50 €

  • Enderezo descoñecido
    Titulo del libro
    Enderezo descoñecido
    Taylor, Kathrine Kressmann
    Xerais
    No disponible

    11,40 €

  • Calzados Lola
    Titulo del libro
    Calzados Lola
    Toro, Suso de
    Xerais
    No disponible

    15,50 €

  • Xacementos arqueolóxicos de Galicia
    Titulo del libro
    Xacementos arqueolóxicos de Galicia
    Barciela Garrido, Pilar;Rey Seara, Eusebio
    Xerais
    Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arque...
    No disponible

    32,95 €

  • Españois todos
    Titulo del libro
    Españois todos
    De Toro, Suso
    Xerais
    Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cart...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    21,95 €