(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Pàgines:
298
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
240
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
1O.BACHARELATO

29,00 €

IVA inclòs

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Galaxia a Librerias Nobel.es

  • Danzas procesionais da provincia de Ourense
    Titulo del libro
    Danzas procesionais da provincia de Ourense
    Fernández Senra, María Dolores / Fernández Senra, Xulio
    Galaxia
    No disponible
  • O mar
    Titulo del libro
    O mar
    Parramón, José María / Rius, Maria
    Galaxia
    No disponible

    6,00 €

  • MATAR O HEROE
    Titulo del libro
    MATAR O HEROE
    Nº 392
    Caamaño, Adolfo
    Galaxia
    PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018 Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que  ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    23,95 €

  • NUNCA MASCOTAS
    Titulo del libro
    NUNCA MASCOTAS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Galaxia
    Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as p...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,50 €

  • Historias e algún percance todos ditos en romance
    Titulo del libro
    Historias e algún percance todos ditos en romance
    Cortizas, Antón
    Galaxia
    Este é un libro sen parangón no actual panorama da literatura galega para rapaces. Antón Cortizas recolle ne...
    No disponible